domingo, 22 de julio de 2007

pensamento alternativo e aburrimento

O título ven a conto do valeiro tanto na filosofía como no pensamento económico social sobre o aburrimento. A sociedade capitalista produce, entre outros moitos males, o sentimento de aburrimento lastroso entre os indivíduos que a integran. A infelicidade do ser humano nesta sociedade, cando este alcanza todos os soños prometidos por ela, revirte nunha abulia melacólica do individuo que causa alarma entre certos sectores, sobre todo polo espectacular consumo de drogas legais e ilegais como aillamento do ser dun lugar insoportable máis sempre procurado por mor dunha educación en valores tan influínte e decisiva a traverso de medios tan diversos como o son a publicidae, a opinión xeralizada do entorno, e diversos métodos Goebbelinos ou goebilkianos que penetra a sique do máis ben intencionado e ou salvaxe.
Ser un salvaxe na sociedade actual, equivale a manterse aillado de todo modo de civilización europea ego centrista e irreflexiva contaxiosa. É dicir, que calquera persoa inadaptada é motivo de reacción-acción por parte do sistema xa que o sistema non soporta nin acepta ningún pensamento fundado en valores diferentes do que promulga el mesmo.
Dito isto, calquera que se diga aburrido/a, entendo que se transforma de feito nun antisistema poir ter esgotado toda forma de felicidade ofrecido polo sistema. ¿ Que queda? cada un resolverá....

miércoles, 28 de febrero de 2007

Alternativas ao Capitalismo

Este é un blog que pretende expoñer experiencias alternativos ao capitalismo en calquera lugar do mundo e en calquera época histórica.
Falemos tamén de por que fracasaron ou tiveron éxito.



Ánimo que falar non ten cancelas!!!!!