domingo, 22 de julio de 2007

pensamento alternativo e aburrimento

O título ven a conto do valeiro tanto na filosofía como no pensamento económico social sobre o aburrimento. A sociedade capitalista produce, entre outros moitos males, o sentimento de aburrimento lastroso entre os indivíduos que a integran. A infelicidade do ser humano nesta sociedade, cando este alcanza todos os soños prometidos por ela, revirte nunha abulia melacólica do individuo que causa alarma entre certos sectores, sobre todo polo espectacular consumo de drogas legais e ilegais como aillamento do ser dun lugar insoportable máis sempre procurado por mor dunha educación en valores tan influínte e decisiva a traverso de medios tan diversos como o son a publicidae, a opinión xeralizada do entorno, e diversos métodos Goebbelinos ou goebilkianos que penetra a sique do máis ben intencionado e ou salvaxe.
Ser un salvaxe na sociedade actual, equivale a manterse aillado de todo modo de civilización europea ego centrista e irreflexiva contaxiosa. É dicir, que calquera persoa inadaptada é motivo de reacción-acción por parte do sistema xa que o sistema non soporta nin acepta ningún pensamento fundado en valores diferentes do que promulga el mesmo.
Dito isto, calquera que se diga aburrido/a, entendo que se transforma de feito nun antisistema poir ter esgotado toda forma de felicidade ofrecido polo sistema. ¿ Que queda? cada un resolverá....

1 comentario:

Anónimo dijo...

pouca creatividade amosas para todo o que posibilita estar vivo, que sin ser infinito, ter unha actitude aperturista de cara a todo e todas/os abre moito mais a mente, partindo do suposto de que todo o que nos rodea non é verdade, senon cada ún temos a nosa para nós, a felicidade de explorala, difrutando na busca e vivindo intensamente todos os momentos, ser perder a perspectiva de que tamén somos seres sociais e cada acción ten unha ou varias consecuencias positivas e negativas, tamén hai que ter algo tan sinxelo como sentido común para diferenciar o positivo (aporte de felicidade persal e colectiva)do negativo(o no fai que morramos en vida ou que llo fagamos aos demais). Quere ser unha aportación positiva, a vida é sinxela canto mais liberadora é e polo tanto mais experiencias de felicidade absoluta, e mañá á terra. Sobre como se organizaría unha estructura social alternativa, é preciso rachar con todo e comezar de cero. Outra opinión.